
doi: 10.32766/rag.370
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares. Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 6 desta colección, correspondente á toponimia de Carballo, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor. Nesta mesma colección é autor de Toponimima da Estrada (2018).
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 1 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
