
doi: 10.32766/rag.187
O Dicionario galego de televisión é unha proposta que nace da necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva, que nos permita comprender e identificar a que nos estamos a referir en cada momento desde as distintas especialidades que interveñen nela: a telecomunicación, a iluminación, a edición, a preprodución, a redacción xornalística, a programación, a análise de audiencias, a deontoloxía, a teoría da comunicación, a xestión de medios etc. Na súa elaboración tívose a vontade de ofrecer a través del algo máis ca un compendio de termos e procurouse ir trazando un deseño básico do funcionamento da televisión mediante a explicación das palabras coas que os técnicos se refiren cada día aos distintos aspectos do seu traballo. Así, a escolla da relación de lemas desta obra foi baseada non só en obras terminolóxicas, senón, e sobre todo, en textos de uso profesional, en documentación de empresas de servizos televisivos, editados ou de circulación electrónica, e en fontes orais. Ao pé dos termos máis usuais do medio, incorporáronse nomes de estándares, de organismos reguladores, dos principais operadores, nun formato lexicográfico aberto, de certo carácter enciclopédico, que procura, a través de algo máis de 3000 definicións, introducir o lector no mundo da televisión.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 1 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
