
doi: 10.32766/rag.111
Figura neste volume o poema épico inédito de Eduardo Pondal “Os Eoas” que trata da descuberta de América e no que o poeta de Bergantiños, seguindo os moldes da épica clásica e renacentista, crea o primeiro monumento deste xénero literario escrito na nosa lingua galega, símbolo da personalidade lingüística e cultural de Galicia, ademais de ser unha nova mostra da singular capacidade artístico-poética do sobranceiro fillo de Ponteceso. Trátase do gran poema épico escrito por Eduardo Pondal, inédito até o de agora polas enormes dificultades que a ordenación e transcrición do orixinal suscitaba e que ata o rigoroso e esforzado traballo de Amado Ricón, parecía tarefa insuperable. A súa publicación foi considerada por algún intelectual como a máis importante noticia literaria galega do século.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
