
doi: 10.32766/cdl.41.863
Neste artigo afóndase no estudo, desde o punto de vista lexicográfico, dos modelos de relación afectivo-sexual máis tradi-cionais. As relacións monógamas son maioritarias nos nosos días, mais cómpre ter en conta que isto non sempre foi así nin ocorre en todas as culturas. Por medio da análise dos artigos lexicográficos que se recollen para as voces monogamia, bigamia, poligamia, poliandria e polixinia nalgúns dos principais dicionarios de carácter xeral do galego e doutras linguas da nosa contorna, reflexionaremos sobre a orixe e evolución semántica destes termos e dedicarémoslles especial atención aos enunciados definitorios e aos exemplos recollidos. O noso principal obxectivo é identificar as principais incorreccións e nesgos cognitivos presentes nestes textos, coa intención de evidenciar a persistencia de determinados prexuízos, estereotipos ou concepcións caducas no discurso lexicográfico. O traballo finaliza cunha proposta de modificación das definicións lexicográficas para os termos estudados. O interese desta proposta adica, por unha banda, en que desprovemos os novos enunciados de xuízos inexactos e, pola outra, en que incorporamos os significados derivados que estas voces posúen hoxe en día.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
