
doi: 10.32766/cdl.32.27
Os dicionarios son obras cuxo contido non só depende da formación intelectual dos seus redactores -profundo ou escaso coñecemento lingüístico, maior ou menor dominio das técnicas lexicográficas...- senón que está suxeito tanto aos prexuízos das persoas que os confeccionaron coma ao contexto social, cultural e político do momento histórico no que foron creados. As relacións entre Galicia e os Países Cataláns aínda non gozan hoxe da normalidade que lles correspondería, ao quedaren as súas culturas nun segundo plano por detrás da española oficial que domina o panorama sociocultural do estado no que, maioritariamente, se desenvolven. O esforzo adicional que cómpre facer para achegarse dun país ao outro provoca moitas veces visións parciais e interpretacións erróneas da realidade sociocultural e sociolingüística da cultura que se quere coñecer ou dar a coñecer. Esta dificultade vese tamén reflectida nas obras lexicográficas e concretada nas imprecisións e as lagoas que conteñen as definicións relativas á lingua e a cultura galegas -no caso dos cataláns- e á lingua e a cultura catalás -no caso dos galegos-. Neste traballo compróbase como inflúe esta situación na redacción dos dicionarios de referencia máis usados hoxe en día en candanseu ámbito cultural, mediante unha análise das definicións dos conceptos relacionados coas linguas galega e catalá. Finalmente, propóñense unhas novas definicións para as entradas relativas ás denominacións da lingua.
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
