
handle: 10347/10611
Esta unidade didáctica enfócase de maneira que permita proporcionar unha visión global da Química Analítica e a súa terminoloxía básica, mostrando a importancia da Química Analítica para a resolución de problemas de diversos ámbitos. Este enfoque faise sobre o esquema do proceso analítico como medio de resolución dunha determinada problemática analítica real. Deste xeito, partindo dun esquema sinxelo, explícase o obxectivo e as distintas etapas do proceso analítico: definición do problema a resolver, selección do método máis adecuado e as operacións derivadas desta selección, toma e tratamento da mostra, medida do (ou dos) analito(s), tratamento e interpretación dos resultados experimentais obtidos, e finalízase a súa explicación coa toma de decisións. Durante a formulación e desenvolvemento do tema déixase claro que a simple determinación da composición dunha mostra non é o obxectivo principal da Química Analítica, senón que o obxectivo desta disciplina é a obtención de información útil de calidade para resolver o problema exposto que foi o que propiciou o inicio do proceso analítico. Ademais, neste tema resáltase que o método seleccionado para realizar unha determinación analítica debe depender do tipo de información que se necesita obter, e que non sempre compensa elixir a metodoloxía máis complicada ou a máis custosa.
Química Analítica I, Materias::Investigación::23 Química::2301 química analítica ::230199 Otras (especificar), Grao en Química
Química Analítica I, Materias::Investigación::23 Química::2301 química analítica ::230199 Otras (especificar), Grao en Química
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
