
Monográfico. Segundo número da colección “Cadernos de Fraseoloxía Galega” aberta para a exhumación de coleccións fraseolóxicas inéditas. Edición dun ficheiro inédito de 3.826 refráns galegos (ós que hai que engadir 75 refráns paralelos doutras linguas -maiormente casteláns e portugueses-, 44 dialoxismos, 52 locucións e fórmulas, 5 cantigas, 1 romance e unha rima infantil). Xesús Taboada Chivite deixárao en fase de elaboración cando morreu en 1976. Algúns refráns que aparecen por primeira vez nesta colección son especialmente densos de imaxe ou de mensaxe coma “O galego non perde o rego, Non lle fagas mal que nono merecen, mais non lle fagas ben que nono agradecen, Pisada de boi, dente de lobo e facer moito, moito o bobo, Os machadazos nas alturas parecen molduras ou Os réditos non teñen días santos”. O material aparece ordenado alfabeticamente e na grafía actual, respectando todo tipo de variantes dialectais e influencias alleas na lingua oral, pero un amplo aparato crítico ofrece a lectura literal de cada ficha. Leva un prólogo biobibliográfico de Xesús e Manuel Taboada Cid e un estudio dos valores paremiolóxicos e dos criterios de edición que asinan Xesús Ferro Ruibal, Isabel Valiño Ferrín e Maite Veiga Díaz, que tamén ordenaron en apéndices o material heteroxéneo que contiña o manuscrito. /// The second issue of Cadernos de Fraseoloxía Galega is a monograph about the compilation of 3826 proverbs and idioms made by Xesús Taboada Chivite, unpublished until now.
unpublished manuscript, proverbs, monograph, manuscrito inédito, idioms, PC1-5498, phraseology, refráns, fraseoloxía, monográfico, xesús taboada chivite, Romanic languages
unpublished manuscript, proverbs, monograph, manuscrito inédito, idioms, PC1-5498, phraseology, refráns, fraseoloxía, monográfico, xesús taboada chivite, Romanic languages
| selected citations These citations are derived from selected sources. This is an alternative to the "Influence" indicator, which also reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | 0 | |
| popularity This indicator reflects the "current" impact/attention (the "hype") of an article in the research community at large, based on the underlying citation network. | Average | |
| influence This indicator reflects the overall/total impact of an article in the research community at large, based on the underlying citation network (diachronically). | Average | |
| impulse This indicator reflects the initial momentum of an article directly after its publication, based on the underlying citation network. | Average |
